Cargando resultados...
O Celta aproxímase aos 20.000 socios a principios do mes de agosto
Gran resposta da afección no ano do Centenario
G24.gal
02/08/2023 16:03
A ilusión no celtismo é máxima. O ano do Centenario, a chegada de Rafa Benítez, o novo himno de C Tangana, a posibilidade de empregar a nova bancada. Todo derrador dun equipo que agarda facer unha gran campaña.
As primeiras sensacións son boas e iso fai que medre o interese por seguir o Celta en cada partido que xogue en Balaídos. O ano pasado a cifra de socios quedou nos 17.000. Este ano, a comezos do mes de agosto, xa vai preto dos 20.000. Sen dúbida, unha gran noticia para o club.