Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mingueza, Marchesín e Carles Pérez están ao caer

Mingueza, Marchesín e Carles Pérez están ao caer

As negociacións co extremo da Roma Carles Pérez e co defensa do Barcelona Mingueza pendentes dos últimos detalles

A prioridade para Coudet é incorporar un porteiro de garantías e o elixido é Marchesín

G24.gal 27/07/2022 12:02 Última actualización 28/07/2022 21:34

O Celta acelera para concretar as fichaxes coas negociacións máis avanzadas. Agora mesmo o xogador que está máis preto de Vigo é o extremo da Roma Carles Pérez. O xogador da canteira do Barcelona non contou con demasiados minutos a temporada pasada ás ordes de Mourinho e busca o club axeitado para relanzar a súa carreira. A opción que máis o seduce é a do Celta e as boas relacións de Luis Campos co adestrador portugués están a facilitar as conversas.

Outra posibilidade relacionada co Barcelona é Mingueza. Un defensa que pode ocupar varias posicións e que, seguro, non seguirá no equipo catalán que lle ensinou a porta de saída. Malia non seren da mesma xeración Mingueza e Carles Pérez coincidiron no filial do Barça. 

Carles Pérez xogou as últimas tres temporadas na Roma

Pero a prioridade absoluta para Coudet é asinar un porteiro de garantías. Os dous nomes que máis sonan son os de Marchesín e Álvaro Fernández. O porteiro arxentino do Porto é o preferido por Coudet. Internacional, con experiencia e que perdeu a titularidade no cadro portugués a temporada pasada. A implicación do Chacho resultou decisiva para que Marchesín se decidise polo cadro vigués. 

Esta fin de semana poderían estar os tres xogadores en Vigo para comezar o luns, día no que comparecerá Mouriño diante dos medios para falar do mercado de fichaxes, coas sesións de adestramento a carón dos que serán os seus novos compañeiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade