Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta agarda pechar a permanencia en Granada e poñer a primeira pedra do vindeiro proxecto

O Celta agarda pechar a permanencia en Granada e poñer a primeira pedra do vindeiro proxecto

Gabri Veiga, logo de asinar a renovación, adestrouse co primeiro equipo

G24.gal 25/04/2022 21:19

O Celta pode salvarse matematicamente este domingo e a partir de aí só cabe pensar na que será a terceira temporada de Coudet. Renovou o verán pasado tras rescatar o equipo e acordou obxectivos crecentes.

Terá un proxecto mellor en 2023, o ano do centenario? Mouriño sementou dúbidas hai poucas semanas. Coudet nega discrepancias pero O Celta prescindirá previsblemente do indiscutible Denis Suárez. E tamén do porteiro Matías Dituro. E non sempre puido dispoñer o técnico dos filiais que quixo, caso de Gabri Veiga.

A Gabri Veiga permíteselle desde hoxe adestrarse co primeiro equipo, logo de acordar a renovación. Ademais do potencial da canteira o Celta conta cun novo director deportivo que deberá sintonizar co adestrador. O futuro de varios xogadores, para ben ou para mal, está no aire.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos