Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 'Cavalinho' branco e azul entra en decembro ao galope

O 'Cavalinho' branco e azul entra en decembro ao galope

Os números do Deportivo nos últimos cinco partidos son abraiantes. Cinco vitorias, doce goles a favor e só dous en contra.

G24.gal 01/12/2025 14:32

Di o refraneiro que bendito é o mes que comeza con Santos e remata con Santo André. Ao Deportivo o refrán acáelle como anel ao dedo, porque nun novembro idílico meteu a directa, enxugou cinco puntos coa cabeza e cimentou un liderado firme.

Gañouno todo. Dentro e fóra: quince puntos, nove lonxe da casa. Marcou 12 goles e recibiu apenas dous. Adiante non perdoa: ten cinco chaves mestras para abrir calquera porta. É o segundo equipo máis goleador. E atrás, unha porta blindada que o converte no segundo menos goleado. Un equipo construído de abaixo a arriba.

O equipo comparte e interpreta a idea do técnico. A vella receita arsenista: orde e talento. Entrando en decembro, o certo é que o cabaliño branco e azul galopa como ningún outro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade