Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cádiz quenta o partido contra o Celta: "Van ser 90 minutos de pelexa a morte"

O Cádiz quenta o partido contra o Celta: "Van ser 90 minutos de pelexa a morte"

O presidente do cadro cadista fai un chamamento á cidade para o trascendental partido da fin de semana

G24.gal 20/02/2024 20:57

O vindeiro rival do Celta, o Cádiz, prepara o partido como unha auténtica final. O seu presidente Manuel Vizcaíno compareceu para lanzar unha mensaxe de optimismo. O Cádiz non gaña desde o pasado 1 de setembro. Os gaditanos queren saír dos postos de descenso a toda custa. Vizcaíno anunciou que o equipo xogará cun equipamento especial e regalaranse entradas aos socios para encher o Novo Mirandilla.

"Estamos moi preocupados pola situación. Non a agardaba".

"Estamos creando o ambiente para xogar unha final".

"Gañando o domingo estamos fóra do descenso, aínda que pareza incrible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar