Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán e o Obradoiro viaxan a Andalucía coas mesmas necesidades

O Breogán e o Obradoiro viaxan a Andalucía coas mesmas necesidades

O Breogán xoga co Unicaja e o Obradoiro co Betis

Foto @CBBreogan
G24.gal 13/01/2023 14:20 Última actualización 13/01/2023 14:26

Shannon Evans, comandante en xefe do Betis con 21 puntos de media por encontro, podería poñer rumbo a Valencia en cuestión de horas. Pase o que pase, Moncho Fernández cre que sería un grave erro reducir o perigo do rival exclusivamente na figura de Evans.

Moncho Fernández: "É un equipo que en casa mellora os seus números ofensivos e non é só Shannon Evans, son moitos xogadores. Non é o único xogador importante".

Para o Río Breogán, o billete copeiro pasa por Málaga. Derrotar a Unicaja non será sinxelo. Os de Ibón Navarro suman 10 vitorias.

Mrsic: "Unicaja ten un grande equipo, fan un gran xogo".

No Obradoiro, David Walker segue lastrado pola fascite plantar que padece, mentres que no Breogán Sergi García é seria dúbida por molestias musculares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade