Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vara anuncia que finalmente intentará gobernar en Estremadura

Vara anuncia que finalmente intentará gobernar en Estremadura

Pedro Sánchez felicitou este martes o presidente de Castela-A Mancha, García-Page 

O PSOE insta a Díaz e Podemos a entendérense para frear a "onda ultraconservadora"

Os socialistas non apoiarán a Bildu en Pamplona

Antón Montero 30/05/2023 20:26 Última actualización 30/05/2023 21:32

Desde este martes, as Cortes xa están oficialmente disoltas. O BOE publicou o decreto que fixa o 23 de xullo como data para elixir os novos ocupantes destes escanos.

A campaña electoral comezará o día de san Fermín, o 7 de xullo, e o novo Parlamento quedará constituído o 17 de agosto.

Este martes non houbo Consello de Ministros, pero o presidente mantivo a súa axenda ordinaria. O executivo tamén garante que a presidencia española da Unión Europea, que comeza nun mes, non sufrirá alteracións.

Luis Planas, ministro de Agricultura confirmou que "temos no mes de xullo un consello informal de pesca en Vigo e hai outros consellos informais. Todo isto vai continuar e España está en condicións de asegurar o normal funcionamento da presidencia rotatoria da Unión Europea".

Sánchez non consultou a decisión con ningún dos baróns socialistas.

De feito, ata este martes non falou con García-Page para felicitalo pola única maioría absoluta autonómica en Castela a Mancha.

Sobre o feito de que Sánchez non o felicitara antes, García-Page argumentou: "Hai que entendelo todo no seu contexto, o presidente non estaba só xestionando un resultado hostil ou moi adverso nas municipais e autonómicas, e seguramente tivo bastante máis lóxica que chamase primeiro á xente que non conseguira o obxectivo ou perdera".

O presidente castelán-manchego, cre que non había alternativa ao adianto: "creo que non ten volta de folla. Pódeselle dar voltas, pero iso serían 6 meses de barbacoa", dixo Page.

O PSOE non abandona o ton preelectoral: din que saen a gañar o 23 de xullo, pero son conscientes de que será máis difícil se non hai unidade á súa esquerda.

A voceira socialista, Pilar Alegría, cre que "se queremos evitar que a España chegue tamén esa onda ultraconservadora, é importante que tamén eses partidos da esquerda exerzan ese exercicio de responsabilidade e unidade".

As distintas federacións socialistas analizaron este martes os resultados do domingo. O estremeño Guillermo Fernández Vara anunciou que se vai presentar á investidura porque foron a lista máis votada, aínda que PP e Vox sumen máis escanos.

En Pamplona, o PSOE anunciou que non vai apoiar as aspiracións de Bildu para gobernar a capital navarra, unha decisión que pode dificultar a repetición na presidencia autonómica da socialista María Chivite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade