Cargando resultados...
O BNG reúne os responsables locais e comarcais para analizar a situación política
Os nacionalistas preparan os comicios locais, previstos para 2023
G24.gal
12/03/2022 13:13
O Bloque Nacionalista Galego tamén avanza na súa folla de ruta.
Reuniu este sábado en Santiago de Compostela aos responsables locais e comarcais da formación para unha xornada de análise e convivencia.
Sobre a mesa había asuntos relacionados coa actualidade, coma a escalada dos prezos enerxéticos ou a crise económica, pero na orde do día tamén estaban outros do ámbito municipal. Os nacionalistas comezan a traballar xa na preparación dos comicios locais, previstos para maio de 2023.