Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bergantiños queda eliminado da Copa RFEF nun partido moi polémico

O Bergantiños queda eliminado da Copa RFEF nun partido moi polémico

O Zamora impúxose por 2-3 na prórroga malia xogar en inferioridade durante moitos minutos

G24.gal 28/09/2022 22:40

O Bergantiños caeu eliminado da Copa RFEF polo Zamora adestrado polo galego Iago Iglesias logo dun partido moi polémico, con expulsados, alternativas, xogadas dubidosas, que acabou cos dous equipos enfrontados (2-3).

O primeiro tempo foi de dominio carballés, con merecemento para o primeiro gol. Xa puido chegar antes, pero no 36 anotaba o arxentino Chapu Brunet á saída dun córner. 

O Zamora conseguiu empatar ao pouco do descanso grazas a Altube. Os casteláns quedaron con dez, pero puxéronse por diante a dez minutos do final cando repetía o dianteiro centro zamorano. O Bergantiños envorcouse para lograr o tanto do empate, que chegou na última xogada do partido grazas a un disparo de Iván Garrido. 

A cousa xa estaba tensa e máis se puxo cando o colexiado asubiou un penalti de Meixús que transformou Dani Hernández. Aínda quedaba unha acción máis para a polémica, logo dun gol anulado ao carballés Carlos López que puido levar a eliminatoria á quenda de penaltis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade