Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro gaña no Requexón (0-1) e segue lanzado na cabeza

O Arenteiro gaña no Requexón (0-1) e segue lanzado na cabeza

Diego García foi decisivo parando un penalti co 0-0

O gol da vitoria marcouno o goleador Escobar

Foto: @RealOviedo
G24.gal 11/02/2023 21:43

O Arenteiro volveu con tres valiosos puntos do seu desprazamento a Asturias, onde superou o filial do Oviedo.

No Requexón foi decisiva unha acción co empate inicial: un penalti de Diego García a Masca, lanza Masca e para Diego García. No minuto 20 da segunda metade acudiu á súa cita co gol, como é habitual, Antón Escobar. O gol do dianteiro do cadro do Carballiño permítelles aos de Javi Rey manter a primeira posición da táboa clasificatoria con sete puntos de vantaxe sobre o Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar