Publicador de contidos
Publicador de contidos

O alcalde de Ourense amósase moi tranquilo ante as acusacións de malversación

O alcalde de Ourense amósase moi tranquilo ante as acusacións de malversación

"Onde esta escrito que non sexa legal que eu teña una tv e lle cobre a quen queira contratar eses servizos, en Democracia Ourensana gastamos onde nos parece sempre que sexa legal"

David Fernández 28/10/2021 16:31

O alcalde de Ourense compareceu hoxe tras a querela por presunta malversación polo uso dos fondos que o seu partido ingresa do Concello e da Deputación.

Gonzalo Pérez Jácome séntese tranquilo e asegura que é totalmente legal destinar parte dos cartos que percibe Democracia Ourensana á televisión da súa propiedade.

Jácome preguntábase que "onde esta escrito que non sexa legal que eu teña una tv e lle cobre a quen queira contratar eses servizos, en Democracia Ourensana gastamos onde nos parece sempre que sexa legal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade