Publicador de contidos

Publicador de contidos

O agro máis tecnolóxico chega ao recinto feiral de Silleda

O agro máis tecnolóxico chega ao recinto feiral de Silleda

A maquinaria máis avanzada e o concurso da raza frisoa protagonizan a feira Cimag-GandAgro
 

G24.gal 04/03/2023 14:49 Última actualización 04/03/2023 15:07

O recinto feiral de Silleda convértese un ano máis no escaparate dos avances tecnolóxicos para profesionais do agro e da gandería. A cuarta edición da feira Cimag-Gandagro amosa as principais propostas de máis de catrocentas marcas expositoras de 26 países.

"É un escaparate moi bo, onde a xente pode ver en persoa o que temos no catálogo, o que nos abre moitas portas", asegura Ramón Cruz, representante de Zeppelin Maquinaria.

Por suposto, o gran reclamo son as últimas recomendacións en maquinaria, con vehículos de máxima eficiencia, pasando polas últimas propostas de aforro enerxético así como de robots de limpeza de cortes e de muxidura.

Un dos asistentes, referendado por Juan Carlos Carnero, representante dunha distribuidora de máquinas robotizadas de muxidura, refire un dos problemas máis urxentes da actividade.

"É difícil atopar remuda xeracional pola dificultade de encontrar man de obra, e a resposta a todo isto é a automatización, por iso estamos aquí co robot", conta.

Neste último día da feira, a expectación céntrase no concurso da raza frisoa, que polo serán escollerá os mellores criadores e tamén coroará a vaca gran campioa de Galicia e campioa internacional. Toda unha oportunidade para achegarse ao novo agro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar