Cargando resultados...
Novo asalto masivo no valado de Melilla
Unhas 400 persoas, a maioría sudanesas, tentan entrar en Melilla desde Marrocos
G24.gal
24/06/2022 13:15
Varios centos de mozos inmigrantes saltaron esta mañá o valado que separa Marrocos da cidade de Melilla.
A diferenza doutras ocasións, os inmigrantes romperon a porta de acceso ao posto fronteirizo coñecido como barrio chinés, algo que sorprendeu as forzas de seguridade españolas e marroquís.
No asalto participaron unhas 400 persoas, a maioría delas sudanesas, aínda que so entre 50 e 70 lograron chegar ao Centro de Estadía Temporal de Migrantes.
É o primeiro asalto masivo que se produce desde que o pasado mes de marzo se dese por resolta a crise diplomática entre España e Marrocos.