Cargando resultados...
Nota verbal de Madrid a Rabat para recalcar a españolidade de Ceuta e Melilla
Nota verbal de Madrid a Rabat para recalcar a españolidade de Ceuta e Melilla
Marrocos remitou unha carta a Bruxelas reivindicando que Ceuta e Melilla son marroquís
Exteriores mandou unha nota verbal á embaixada marroquí en protesta
España recalca que son fronteiras recoñecidas internacionalmente
G24.gal
01/06/2023 08:51
España protestou formalmente ante Marrocos por unha carta remitida a Bruxelas en que o Goberno veciño afirmaba que Ceuta e Melilla son marroquís. Marrocos respondeu ás declaracións dun comisario europeo que dixo que son cidades europeas.
Agora, o Ministerio de Exteriores envioulle unha nota verbal a Rabat a través da súa embaixada en Madrid en que recalca a españolidade de Ceuta e Melilla e insiste en que son fronteiras recoñecidas internacionalmente.