Publicador de contidos

Publicador de contidos

Noite para a historia do Ourense C. F., novo equipo de 2RFEF

Noite para a historia do Ourense C. F., novo equipo de 2RFEF

Goleou e superou con moita clariadade o Llerenenses por 4-0, tres dos goles nos últimos 5 minutos da primeira parte

G24.gal 21/05/2022 23:59

Logo de quedar segundo na tempada regular da Terceira e superar o Fabril e o Barco nas eliminatorias galegas de fase de ascenso, o Ourense Club de Fútbol logrou un histórico ascenso á Segunda Federación logo de superar por 4 goles a 0 ao Llenerense.

Os de Rubén Domínguez foron moi superiores ao cadro extremeño durante todo o encontro. Aos 25 minutos ameazaron cun gol anulado a Amin por fóra de xogo e a 5 minutos para o final do primeiro tempo confirmaron a superioridade física e de nivel de xogo. No 41', 44' e 46' os ourensáns decantaron a eliminatoria con 3 goles de Tiago, Palmás e Mario Román en propia porta.

Logo da expulsión de Ruano nunha xogada sen sentido para un xogador experimentado coma el, o partido xa tivo pouca historia. Gabri Palmás repetiu como goleador facendo o cuarto do partido e sentenciando o ascenso.

O Ourense C. F. únese ao Polvorín como novos equipos galegos da 2RFEF. E en Redondela celebran especialmente este ascenso porque permítelle o Choco ser equipo da Terceira a vindeira tempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade