Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multitudinaria manifestación dos traballadores do metal da provincia de Lugo

Multitudinaria manifestación dos traballadores do metal da provincia de Lugo

Seguen sen avances na negociación do convenio colectivo coa patronal, que se nega a pagar con efecto retroactivo os atrasos correspondentes á suba do IPC

G24.gal 25/05/2023 14:45 Última actualización 25/05/2023 14:58

Os traballadores do metal de Lugo tamén se manifestaron pola cidade. Seguen sen avances na negociación do convenio colectivo coa patronal, que se nega a pagar con efecto retroactivo os atrasos correspondentes á suba do IPC. 

Collen forza as protestas dos traballadores do sector do metal da provincincia de Lugo. "Unha manifestación histórica, calculamos dous milleiros de persoas", comenta Afonso Losada, responsable do sector do metal da provincia de Lugo da CIG.

Unha manifestación que percorreu o centro de Lugo e que se produce logo que a xuntanza negociadora do mércores pola tarde rematara sen acordo. O principal atranco é a reclamación do pagamento retroactivo do ano 2022 correspondente á suba do IPC.

Hubo unha oferta por parte da patronal que os traballadores consideran insuficiente. Carlos García da Federación do metal de UXT en Lugo pide á patronal que faga un esforzo máis grande para poder garantir o poder adquisitivo dos traballadores. José Luis López, de CCOO , di que se non chegan a acordo non quedará outra que facer folga indefinida.

Coincidindo coa manifestación, os 5.000 traballadores do sector na provincia estaban convocados este xoves a sumarse á terceira xornada de paro no sector, cun gran seguimento, segundo os sindicatos. José Luis López considera que o seguimento do paro é igual ao superior ao 95 por cento.  

Hai convocadas novas xornadas de folga xeral para as próximas dúas semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade