Guerra aberta entre Mouriño e Denis Suárez
Guerra aberta entre Mouriño e Denis Suárez
O presidente asegura que lle pasaron catro ofertas e non quixo ningunha porque quere marchar coa carta de liberdade
Denís emitiu un comunicado no que responde a cada acusación feita por Mouriño
Mouriño explicou a versión do Celta sobre Denís Suárez. O presidente falou del en pasado: "Pagámoslle unha millonada e traizoounos". Asegurou que lle pasaron catro ofertas e rexeitounas todas porque beneficiaban o Celta. Incluso había un que lle pagaba un contrato de catro millóns de euros netos, máis do que cobra en Vigo.
"Denís non está apartado porque fai todo o traballo co equipo", comentou Mouriño, pero non volverá a xogar no Celta: "El quería irse libre, buscámoslle catro ofertas e rexeitounas. Non o imos axudar máis. O que quere é que o deixemos ir libre e iso non vai acontecer".
A resposta de Denís non se fixo agardar. A través das súas redes sociais quixo contestar punto por punto a cada afirmación do presidente Mouriño.
Hola! Hoy el presidente ha dado una rueda de prensa sobre mi situación y, ya que siempre estáis ahí apoyando, quiero aclaraos algunas de sus falsas afirmaciones. Son muchos meses desde que me amenazó con que: “Voy a encargarme de que Balaídos te pite”. Es hora de contestar.
— Denis Suarez (@DenisSuarez6) July 28, 2022
HILO