Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren tres menores nun accidente de tráfico no Perelló (Tarragona)

Morren tres menores nun accidente de tráfico no Perelló (Tarragona)

O coche no que viaxaban caeu por un barranco e logo incendiouse

G24.gal 05/03/2023 20:33 Última actualización 05/03/2023 21:10

Tres menores de idade morreron este domingo pola tarde nun accidente de tráfico. O turismo no que viaxaban saíu da vía e caeu por un barranco na estrada TV-3022 á altura do Perelló, na provincia de Tarragona. Logo o coche incendiouse.

O condutor foi trasladado ao hospital Vall d'Hebron en estado crítico. Os falecidos eran veciños de Camarles e ía a un partido de fútbol. Ata o lugar desprazáronse varias patrullas, un helicóptero medicalizado e catro ambulancias. Os Mossos d'Esquadra investigan agora as causas do sinistro.

Con estas tres vítimas, xa son 24 as persoas que morreron este ano na rede interurbana de estradas de Cataluña.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade