Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un neno de catro anos ao caer desde un balcón dun cuarto andar en Madrid

Morre un neno de catro anos ao caer desde un balcón dun cuarto andar en Madrid

Os pais atopábanse xusto debaixo

Hospital de Madrid en 2022 Hospital de Madrid en 2022
G24.gal 10/08/2023 18:51

Un neno de catro anos morreu en Parla (Madrid) ao caer desde o balcón da súa casa, desde un cuarto andar. A nai baixara un momento á rúa para darlle auga ao pai do neno.

Foi entón cando o neno se precipitou, a iso das 12:30 horas da mañá. Os propios pais levaron o neno ao hospital Infanta Cristina, onde ingresou cunha parada cardiorrespiratoria.

Os médicos só puideron confirmar a morte do pequeno e deron o aviso á Policía Nacional. Os forenses e a Policía Científica xa estudan que puido pasar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade