Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un bombeiro forestal en Cantabria e dáse por estabilizado o incendio de Castelló

Morre un bombeiro forestal en Cantabria e dáse por estabilizado o incendio de Castelló

O incendio declarado na serra castellonenca de Espadán iniciouse nunha queima descontrolada e obrigou a confinar durante varias horas uns 300 veciños da localidade de Fanzara

Permanecen activos 3 dos 26 incendios forestais rexistrados nas últimas 48 horas en Cantabria

G24.gal 18/03/2024 14:03

A vaga de incendios forestais que afecta a Cantabria deixa un bombeiro morto durante os traballos para extinguir un lume en Cabuérniga, que xa está controlado. Tamén estabilizaron o incendio que se declarou onte na serra de Espadán, na provincia valenciana de Castelló.

O incendio declarado na serra castellonenca de Espadán iniciouse nunha queima descontrolada e obrigou a confinar durante varias horas uns 300 veciños da localidade de Fanzara

O incendio declarado na serra castellonenca de Espadán iniciouse nunha queima descontrolada e obrigou a confinar durante varias horas uns 300 veciños da localidade de Fanzara. O lume prendeu nunha zona de canas próxima ao río e estendeuse posteriormente a un monte de piñeiros.

A primeiras horas desta mañá os bombeiros daban por estabilizado o incendio, o que permitiu abrir de novo ao tráfico a estrada local que discorre paralela ao río. O lume non chegou a entrar no parque natural da serra de Espadán. Polo momento non hai datos oficiais sobre a superficie queimada.

Permanecen activos 3 dos 26 incendios forestais rexistrados nas últimas 48 horas en Cantabria

En Cantabria, dos 26 incendios forestais rexistrados nas últimas 48 horas, permanecen activos tres.
Outros tres están controlados, entre eles o de Cabuérniga, onde este domingo faleceu un bombeiro forestal que participaba nos traballos de extinción.

O Goberno cántabro mantén activado o nivel 2 de alerta por incendio en nove comarcas forestais da comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade