Falece aos 53 anos Ramón Seijas, vicepresidente do Grupo Rumbao, tras sufrir un infarto
O empresario ourensán morreu esta madruga tras ser ingresado cun infarto no centro médico El Carmen
O equipo médico que o atendeu de madrugada non logrou reanimalo

O empresario ourensán Ramón Seijas, vicepresidente do grupo Rumbao, empresa de comercialización de vehículos, e presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles ACAUTO, faleceu esta madrugada aos seus 53 anos tras sufrir un infarto.
Seijas ingresara este sábado á noite no centro médico El Carmen tras sufrir un infarto, pero os facultativos non lograron reanimalo.
O empresario estaba vinculado a esa empresa familiar fundada en 1922, referente na distribución de vehículos en Galicia e no noroeste de España.
A Deputación de Ourense transmitiu o seu máis profundo pésame á familia e amigos do empresario, e a Zona Franca de Vigo e o PP de Ourense expresaron en redes sociais as súas condolencias. EFE