Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mojtaba Khamenei, fillo de Alí Khamenei, elixido novo líder supremo de Irán

Mojtaba Khamenei, fillo de Alí Khamenei, elixido novo líder supremo de Irán

A decisión foi tomada pola Asemblea de Expertos, formada por un total de 88 clérigos 

Horas antes, Trump afirmara que o próximo líder iraniano ía necesitar a súa aprobación para durar no cargo

Consenso na elección do sucesor do aiatolá Alí Khamenei en Irán

Mojtaba Khamenei, en Teherán, nunha imaxe de arquivo. WANA vía REUTERS.
G24.gal 08/03/2026 22:34 Última actualización 09/03/2026 08:59

O aiatolá Mojtaba Khamenei, fillo do defunto Alí Khamenei, foi elixido novo líder supremo da República Islámica de Irán, segundo anunciaron este domingo as autoridades iranianas.

O anuncio produciuse na praza Vanak de Teherán, segundo recolle a televisión pública iraniana, IRIB. Unha decisión que foi tomada pola denominada Asemblea de Expertos.

Mojtaba Khamenei sucederá así ao seu pai como máximo responsable político de Irán. Alí Khamenei morreu o pasado 28 d efebreiro nos bombardeos de Estados Unidos e Israel.  

De relixioso de rango medio a líder da República Islámica de Irán

Mojtaba Khamenei dirixirá a República Islámica de Irán tras anos de relativo anonimato e nun momento crítico no que Estados Unidos e Israel están a bombardear o país nunha campaña que ten como obxectivo declarado forzar un cambio de goberno no país.

Khamenei, de 56 anos, é o segundo fillo de Alí Khamenei. O novo líder supremo iraniano non concorreu nunca a unhas eleccións pero leva décadas exercendo discretamente a súa influencia no círculo máis cercano ao seu pai. Mantén, ademais, estreitas relacións coa Garda Revolucionaria iranina, o corpo militar e ideolóxico de elite das Forzas Armadas iranianas. 

Coa súa elección Irán desafía aos EUA

Horas antes, o presidente de Estados Unidos, Donald Trump, afirmou que o futuro líder supremo de Irán "non durará moito" no cargo se non conta co visto e prace da súa Administración.

"Terá que obter a nosa aprobación", declarou o mandatario nunha entrevista coa cadea ABC News e engadiu que "se non a obtén, non durará moito".

Nese sentido, o líder republicano asegurou que o seu obxectivo é "non ter que volver atrás cada 10 anos".

Trump non descartou aceptar a un sucesor vinculado ao antigo réxime dos aiatolás sempre que sexa un "bo líder".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade