Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mirandés toma vantaxe sobre o Oviedo na final polo ascenso (1-0)

O Mirandés toma vantaxe sobre o Oviedo na final polo ascenso (1-0)

Un gol madrugador de Alberto Reina deixa aos burgaleses a un paso da máxima categoría

Colombatto errou un penalto no treito final para o Oviedo

G24.gal 15/06/2025 21:34

O Mirandés impúxose no partido de ida da final polo ascenso á Primeira DIvisión. O equipo jabato, que busca un histórico ascenso por primeira vez na súa historia, impúxose cun gol aos tres minutos. Marcouno Alberto Reina.

O Oviedo, que ten vantaxe de campo e, xa que logo, vencerá a eliminatoria no caso de empate despois de prórroga, buscou a igualada con insistencia. Mesmo dispuxo dun penalti a cinco minutos da conclusión, pero Colombatto topou con Raúl Fernández.

A eliminatoria final, e o último equipo integrante da Primeira División a temporada que ven, rematará o sábado que ven a partir das 9. O Oviedo precisa marcar polo menos un gol. O Mirandés está a noventa minutos da gloria do seu primeiro ascenso á máxima categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade