Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mínimo dúas persoas por coche, a nova norma que quere implantar a DXT

Mínimo dúas persoas por coche, a nova norma que quere implantar a DXT

A DXT quere implantar esta norma para reducir a conxestión urbana, as emisións e fomentar unha mobilidade máis eficiente

A decisión xa xerou unha división de opinións nos cidadáns

8 de cada 10 coches que entran nas grandes cidades van ocupados por unha soa persoa.
G24.gal 23/07/2025 14:29

As grandes cidades teñen que soportar a diario milleiros de vehículos, a maioría ocupados por unha soa persoa, e iso xera atascos ás veces difíciles de soportar.

"O 85% dos coches que hai á entrada e saída das grandes cidades por viaxe obrigado de traballo, van cunha persoa, unha soa persoa", explica Pere Navarro, director xeral de Tráfico

Por isto, a DXT baralla poñer en funcionamento unha norma que obrigue a levar como mínimo dúas persoas por vehículo, e así reducir atascos e fomentar unha mobilidade máis eficiente e sostible. A norma inspírase nos carrís VAO.

Por suposto, unha medida así xerou unha división de opinións entre os cidadáns. Hai quen opina que é unha boa decisión para solucionar atascos e para que o condutor non viaxe só.

Por outro lado, os que non aproban a medida aseguran que non sería unha boa ocorrencia, que a peor parte é que sexa unha prohibición e que todo o mundo ten dereito a viaxar só no seu coche.

"Non podemos chegar a converter unha sociedade nunha prohibición continua", opinan na rúa

Unha norma así, non está exenta de perigos, e os cidadáns consideran perigoso subir a calquera no seu coche. Todo o mundo quere ir con alguén coñecido.

"Non debes andar con persoas descoñecidas porque poden xurdir outras cousas, un asalto ou ...", asegura un cidadán.

Levar a cabo a aplicación da norma tampouco sería doado, pois obriga os cidadáns a planificar semanalmente con quen vai traballar.

Así é que outros opinan que hai opcións máis viables, coma a posta en funcionamento dun transporte público en condicións e que non teña un prezo moi disparatado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade