Publicador de contidos

Publicador de contidos

Francia celebra o último 14 de xullo con Emmanuel Macron na Presidencia

Francia celebra o último 14 de xullo con Emmanuel Macron na Presidencia

21 integrantes Forzas Armadas españolas toman parte na parada militar xunto a continxentes doutros países da Coalición de Voluntarios para Ucraína

Francia fai un chamado ao espertar estratéxico europeo no día da súa festa nacional

directo O presidente da República de Francia, Emmanuel Macron, nos Campos Eliseos antes do inicio do desfile do 14 de xullo (Pool vía Reuters/Benoit Tessier)
G24.gal 14/07/2026 10:15 Última actualización 14/07/2026 12:29

Francia celebra este martes a súa última Festa Nacional do 14 de xullo baixo a presidencia de Emmanuel Macron cun desfile militar dedicado ao apoio a Ucraína e ao espertar estratéxico de Europa.

Nesta parada militar tomarán parte un total de 21 militares españois do Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire e do Espazo e un caza F-18.

As Forzas Armadas españolas desfilarán xunto a continxentes doutros países, incluída Ucraína, que forman parte da Coalición de Voluntarios para ese país.

Ao acto, que se celebra baixo o lema O espertar estratéxico de Europa, asisten líderes de toda Europa e tamén da OTAN. Entre eles están o presidente do Goberno español Pedro Sánchez, a presidenta da Comisión Europea Ursula Von der Leyen ou o presidente ucraíno Volodimir Zelenski.

Na véspera, no seu último discurso ás Forzas Armadas, Macron defendeu que Europa se está convertendo nunha potencia e afirmou que Francia e os seus aliados están dispostos a defender a liberdade e o dereito ao prezo do sangue se fose necesario.

O mandatario sostivo que o conflito en Ucraína pon de manifesto a necesidade de reforzar as capacidades militares europeas e asegurou que cómpre gañar as guerras de hoxe, ao considerar que a credibilidade do continente dependerá da súa preparación para facer fronte a futuras ameazas.

As súas palabras producíronse o mesmo día que a reunión en París da Coalición de Voluntarios, integrada por 37 países, que reiterou o seu compromiso de manter o apoio militar, financeiro e civil a Kíiv o tempo que sexa necesario.

Os membros da coalición tamén anunciaron un reforzo da defensa antiaérea ucraína e apoiaron a creación dunha Coalición Antibalística impulsada por 10 países europeos, entre eles Francia, Alemaña, o Reino Unido, España e Italia, para acelerar a produción de sistemas de defensa e interceptores.

Anunciaron, ademais, exercicios militases nos próximos meses en países veciños a Ucraína para poñer a proba os plans de despregadura defensiva da coalición internacional de apoio a Kíiv.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade