Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miku marca no 90 e o Deportivo gaña en León (2-3)

Miku marca no 90 e o Deportivo gaña en León (2-3)

Espectacular partido cheo de alternativas en que o Deportivo sempre foi por diante grazas aos goles de Miku e Quiles

G24.gal 19/12/2021 20:05

O Deportivo gañou en León por 2–3 cun gol de Miku no minuto 90. Foi logo dun partido espectacular e cheo de alternativas. 

O dianteiro venezolano marcou no 28 o primeiro tanto. Empatou pouco despois o ex-xogador do Coruxo Aarón Piñán, pero antes do descanso Quiles devolvía a vantaxe ao Deportivo. 

Na segunda metade Aarón Piñán poñía o empate (minuto 70). Cando parecía que o partido ía rematar así, apareceu Miku para marcar o definitivo 2–3. 

Entre Miku e Quiles están amosándose letais; acumulan 16 goles entre os dous nesta primeira volta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade