Miguel Loureiro: "Temos que tratar de poñer en valor o que estamos a facer"
O próximo partido ante o Albacete poderá verse en directo na primeira canle da TVG
O Deportivo encadea catro vitorias en Liga que o volveron situar no máis alto da táboa. A pesar da boa dinámica, o debate sobre o xogo do equipo segue latente nas rúas.
Miguel Loureiro, en conferencia de prensa, explicou o punto de vista que se ten desde dentro do vestiario.
"Temos que tratar de poñer en valor o que estamos a facer, hai que ser consciente de que é moi complicado. Está a demostrarse cada semana. Despois de conseguir cada vitoria hai que darlle valor, iso reforza ao grupo, celebrar cando se gaña. É complicado conseguir esta regularidade e boa serie que vimos tendo agora".
O defensor deulle valor á capacidade que está a demostrar o equipo para saber sufrir e acougou á afección con respecto á posible lesión de Lucas Noubi.
"Parece que non vai ser nada grave (referíndose a Noubi), están a facerlle probas e coñeceremos o alcance ao longo da semana".
O próximo partido ante o Albacete poderá verse en directo na primeira canle da TVG.