Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Fernández será investido alcalde de Lugo o vindeiro martes

Miguel Fernández será investido alcalde de Lugo o vindeiro martes

Arroxo avanza unha "política continuista" tras manter a súa primeira reunión co candidato socialista á alcaldía

G24.gal 06/03/2025 13:10

O pleno de investidura para elixir o novo alcalde da cidade de Lugo terá lugar o vindeiro martes, 11 de marzo, tal e como confirmou o alcalde en funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, que informou de que a sesión foi convocada para as 19:00 horas.

Este anuncio vén validar a decisión tomada polo grupo municipal este mércores pola tarde para que Miguel Fernández sexa o próximo mandatario, tras o falecemento de Paula Alvarellos, o pasado sábado por mor dun infarto. O alcalde accidental mantivo xa unha primeira reunión co candidato socialista para establecer a convocatoria deste pleno extraordinario e para comezar a falar das tarefas pendentes.

Arroxo destacou "a axilidade" coa que o PSdeG resolveu a situación ao asegurar que "nun momento moi complicado conseguiron resolver esta situación en tempo récord". A decisión, segundo avanzaran os socialistas, pospúxose ata o final do período de loito oficial, o pasado martes ao mediodía, pero ao coincidir en festivo, non foi ata o mércores que se reuniron, a porta pechada e sen convocatoria á prensa, para escoller ao sucesor.

O que será o novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, que non quixo facer declaracións á prensa tras a reunión na que se acordou a súa designación, avanzou nunha breve intervención na mañá deste xoves que comeza esta etapa "nunhas circunstancias difíciles, con moita ilusión e moitas ganas". Ademais, agradeceu o apoio prestado polos compañeiros por permitirlle "a honra" de traballar pola sociedade e os veciños e veciñas

Arraxo avanzou que coa sorpresiva morte de Paula Alvarellos quedaron sen pechar varios temas, destacando como prioritaria a aprobación definitiva dos orzamentos. Explicou que quedaron no aire "proxectos que estaban xa na grella de saída e que coa volta á normalidade retomaranos ata completalos". En particular, citou a ordenanza de terrazas, "a primeira normativa en Lugo que regulará estas instalacións, que está practicamente pechada" e a organización do tráfico do centro histórico, unha vez aproxímase o final das obras, "o que fai necesario pechar os itinerarios de circulación definitivos".

Pola súa banda, a portavoz do PP en Lugo, Elena Candia, comunicou ao que será o novo alcalde, Miguel Fernández, a súa intención de poñerse ao dispor do novo candidato, "co único propósito de ser de axuda" ao que sumou a súa "máxima colaboración" e "profundo respecto" para que o Concello retome a súa actividade "o máis pronto posible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos