Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra a venda de antigripais logo dun ano sen apenas incidencia da gripe

Medra a venda de antigripais logo dun ano sen apenas incidencia da gripe

As farmacias galegas dispensan un 42 por cento máis destes medicamentos

O sector recomenda realizar un test de antíxenos ante síntomas da gripe para descartar covid

G24.gal 28/10/2021 15:15

Como nos centros sanitarios, nas reunións sociais ou nas actividades de lecer, a actividade nas farmacias tamén se vai asemellando á antiga normalidade.

A temporada de gripe está comezando e nótase na demanda de produtos para combater os seus síntomas. De feito, nos primeiros 20 días de outubro a venda destes medicamentos medrou máis do 50 por cento en España, segundo datos das cooperativas farmacéuticas.

Fai agora un ano, só podían reunirse cinco persoas e a ocupación na hostalaría non podía superar o 50 por cento no mellor dos casos. Unha situación moi diferente da actual. Mesmo así, mantéñense medidas que poderían frear o volume de contaxios da gripe, como as máscaras, os paneis de separación ou a distancia social.

A Federación Galega de Farmacias recomenda realizar un test de antíxenos se hai síntomas de gripe para descartar a covid, ante a similitude dos síntomas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar