Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marta Lois será a presidenta do Movemento Sumar

Marta Lois será a presidenta do Movemento Sumar

Primeiras voces críticas coa estratexia da dirección

Yolanda Díaz: "España estanos esperando"

Marta Lois, futura presidenta do Movemento Sumar
Antón Montero 31/05/2023 19:56 Última actualización 31/05/2023 21:49

Marta Lois será a presidenta do Movemento Sumar, rexistrado xa como partido político, que encabeza a vicepresidenta Yolanda Díaz para as eleccións xerais.

Foi concelleira con Compostela Aberta durante o goberno de Martiño Noriega entre 2015 e 2019. Tras pasar á oposición foi a portavoz da formación ata o ano pasado. Marta Lois é doutora en Ciencias Políticas e profesora na Universidade de Santiago

Na súa primeira aparición pública tras as eleccións do domingo, Yolanda Díaz diríxese aos progresistas desencantados: "Mándolles unha mensaxe clara de esperanza e de confianza: asumo o reto e saímos a gañar este país".

Pero das negociacións con Podemos, pouca novidade. "España estanos esperando", dixo Díaz.

A formación morada admite o erro de non pactar con Díaz antes das municipais, pero confían en que agora si que consigan esa candidatura unitaria. "É no que estamos traballando e esperamos que nos vindeiros días poidamos conseguir ese acordo", dixo Pablo Fernández, voceiro de Podemos.

A presión xa lles chega desde dentro. O seu vicepresidente nas Baleares pedía nas últimas horas o cesamento da dirección.

Juan Pedro Yllanes, Vicepresidente en funcións de Baleares, cre: "Unidas Podemos o que ten que facer é disolverse dentro de Sumar. Lamentablemente, un proxecto ilusionante hai oito anos desbaratárono quen agora son os seus responsables".

Podemos chega á negociación debilitado tras unhas municipais en que Izquierda Unida sumou máis concelleiros. Inmaculada Nieto, responsable de Política Institucional de IU Andalucía, asegura: "A nós píllanos coa adrenalina arriba".

Díaz ten nove días para concitar os intereses das quince formacións que xa confirmaron a súa participación en Sumar. Unha delas, a valenciana Compromís, esixe que un dos seus encabece as listas por esa comunidade nas xerais do 23 de xullo. 

Àgueda Micó, Secretaria xeral de Més Compromís, explicaba que  reclamarán "unha candidatura liderada por Compromís".

Está tamén clara a integración de Barcelona en Comú, aínda que Ada Colau renuncia a ir nas listas.
"Desboto ir a Madrid", dixo a alcaldesa en funcións de Barcelona, para quen a prioridade agora é  
lograr un goberno progresista pero para a súa cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade