Cargando resultados...
Máximo respecto entre o Zamora e o Ourense C. F. (0-0)
Os dous equipos priorizaron o aspecto defensivo e non saír derrotados do partido
G24.gal
18/02/2024 23:32
Nin o Zamora nin o Ourense C. F. querían perder este partido. O que saíse derrotado podía quedar moi tocado no camiño cara ao ascenso directo, e o empate foi un resultado xusto e reflectiu o que aconteceu sobre o céspede do Ruta de la Plata.
Moi poucos achegamentos de perigo en ambas as áreas. Só lanzamentos desde fóra que controlaron ben os porteiros. Esa foi a dinámica dun partido do cal saen con vida os dous conxuntos, pero quedan por detrás do Pontevedra, beneficiado nesta xornada por este empate e a súa vitoria.