Cargando resultados...
Maté e Otero substitúen os irmáns Montes no Coruxo
Intentarán reconducir a situación dun equipo que leva sete partidos sen gañar e acaba de meterse no posto de play out
G24.gal
27/02/2023 20:59
Os irmáns Jacobo e Marcos Montes non continuarán no banco do Coruxo. Despois dun bo comezo de liga, o equipo entrou nunha crise de resultados. Sete xornadas consecutivas sen gañar, en que sumou só catro puntos dos vinte e un posibles, conducírono ata a posición de promoción de permanencia que agora ocupa.
O club anunciou esta tarde que Javier Maté e Jorge Otero serán os encargados de tentar sacar o Coruxo desa situación.