Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mario Soriano abre a conta goleadora do Deportivo cun dos goles da xornada

Mario Soriano abre a conta goleadora do Deportivo cun dos goles da xornada

O gol chegou despois dunha xogada con dous pases co calcaño de Yeremay e Zakaria

G24.gal 17/08/2025 08:56

A sensación no vestiario do Deportivo era de traballo ben feito. Foi unha vitoria clara en Granada e puido ser máis contundente si chegan a estar máis acertados no treito final do encontro.

Unha das xogadas da xornada foi o primeiro gol da temporada anotado por Mario Soriano. Chegou precedido dunha combinación con máis de vinte toques de balón e dous pases co calcaño xusto antes da definición de Soriano.

Escudero, a voz da experiencia dentro do grupo, subliñaba o gran partido realizado pero pedía "tranquilidade" porque a Segunda División é moi longa e traizoeira.

"Temos que ter ilusión pero sabendo a competición na que estamos, que podes ter quince puntos de vantaxe a falta de dez partidos e quedar sen o ascenso", asegurou o lateral esquerdo, autor do terceiro gol do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos