Cargando resultados...
Marica Campo, Siro López, Melania Cruz ou Adrián Ben, entre os Lucenses do Ano
Galardoadas as persoas que destacaron en 2022 polo seu labor a prol da sociedade
O xornalista Arsenio Cotos foi o encargado de presentar o evento
G24.gal
24/11/2023 20:52
Última actualización 24/11/2023 23:02
Lugo celebrou este venres a gala Lucenses do Ano, en que son galardoadas as persoas que destacaron durante 2022 polo seu labor a prol da sociedade.
Os premios repártense durante unha cea que reúne no Gran Hotel lugués os premiados e máis as súas familias, ademais de representantes das institucións e do tecido social, económico e asociativo da cidade.
É o caso da escritora Marica Campo, o xornalista Siro López ou a actriz Melania Cruz, entre outros persoeiros.