Manuel Mosquera explica o porqué da súa expulsión
O adestrador do Estremadura foi expulsado tras zarandear un xogador do seu equipo
O coruñés non poderá sentar no banco de Riazor o próximo domingo, cando retorna a cidade herculina para enfrontarse ao Dépor
Manuel Mosquera xogou onte 'Ao contraataque'. O adestrador do Estremadura foi expulsado este pasado domingo tras ter un altercado cun xogador do seu propio equipo. Un Mosquera que explicou a situación:
"Fixen algo semellante ao de Luis Aragonés con Etoo. Teño moita afinidade co xogador. Non o insulto. É froito da situación que estamos vivindo. Non me arrepinto, pero non son imaxes gratificantes"
Dáse a circunstancia de que o próximo partido do equipo de Almendralejo será en Riazor ante o Deportivo, polo que en principio non poderá sentar no banco de Riazor o próximo domingo, aínda que non perde a esperanza:
"Interpuxemos un recurso porque non hai nin desconsideración nin insulto. Por aí podemos ter unha vía. Temos que esperar á decisión do comité"