Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manu Taibo: "Estas instalacións serán un paso importante para a patinaxe e para o club Rabadeira"

Manu Taibo: "Estas instalacións serán un paso importante para a patinaxe e para o club Rabadeira"

O campión do Mundo valora o campionato de España desputado en Bastiagueiro 

G24.gal 28/05/2023 15:58

O Concello coruñés de Oleiros acolleu durante esta fin de semana o Nacional de patinaxe na modalidade de velocidade nas pistas construídas en Bastiagueiro. A elite deste deporte pasou pola localidade para darlle maior pulo a unha modalidade que ten en Manu Taibo, campión do mundo no 2022, coma un referente.

"Este deporte é emocionante, hai velocidade, contacto. É moi visual e entretido. Eu  especialiceime en distancias longas, con pelotón de 40 persoas. Levo dende os catro anos, como actividade. Foime gustando máis ata agora, que lle adico gran parte da miña vida. É difícil porque non é dos deportes máis populares. Hai que buscar a vida para cubrir gastos. Esta pista é dos maiores pros que vai ter o club en moito tempo. Vir por aquí e ver xente patinando pode animar a outros a sumarse ao patinaxe. É un paso importante non só para o club, senón para o deporte".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade