Manu Mosquera: "Olabe non é Juergen, pero vaino suplir perfectamente. É un gañador nato"
Por Zona mixta pasou Manu Mosquera, para analizar a fichaxe de Roberto Olabe polo Deportivo. O xogador estivo ás súas ordes no Estremadura
Xa coñece o que é marcar en Riazor
Manu Mosquera lembrounos que o ano en que o Deportivo xogou a promoción de ascenso, Olabe marcou no 1-2 de Riazor
No seu mellor momento
Para Mosquera o xogador non entrou nunca en declive a pesar que no Éibar e no Albacete non foi comprendido
"É un gañador nato, intenso no campo, loitador con chegada e un xogador dos que gustan en Riazor por forza, por calidade e polo seu espírito para un club que sempre quere estar arriba"
"As comparacións co colombiano son inevitables, pero Roberto non é Juergen, iso si, vaino suplir perfectamente. Elitim é máis de último pase, pero Olabe ten moita calidade e quizáis chega no seu momento ideal deportivamente falando"
Ángel Bastos
"É un gran xogador, calado, gran profesional. A min encántame, non sabía que fichara polo Pontevedra, pero creo que levan un xogadorazo"