Manu Barreiro xa cualifica de "final" o enfrontamento diante do Burgos
O Lugo xogará no Anxo Carro os vindeiros tres domingos, ante o Burgos, Mirandés e Cartaxena, e haberá unha xornada entre semana contra o Éibar
Na Segunda Division, o Lugo volveu perder e é antepenúltimo na táboa. Os de Hernán Pérez teñen nove puntos de 33 posibles en once xornadas disputadas. O peor arranque desde o ascenso do 2012. Ante o Málaga, rival directo, caeu por 3 a 2. Logo de ir perdendo 3 a 0, nos últimos minutos lograron dous goles, pero xa era tarde para evitar a derrota.
Ao Lugo tócalle reaccionar, agora veñen dous partidos seguidos na casa, o primeiro ante o Burgos o vindeiro domingo e logo tocaralle enfrontarse ao Mirandés. Xa se comeza a falar dun troco á fronte do equipo pero despois de enfrontarse ao equipo de Miranda hai xornada entre semana, contra o Éibar, e por terceiro domingo consecutivo xogarán no Anxo Carro ante o Cartaxena. Tres semanas moi intensas para un equipo galego que está nunha situación comprometida.