Manquillo estará "entre dez e quince días" de baixa por unha rotura fibrilar
Manquillo estará "entre dez e quince días" de baixa por unha rotura fibrilar
A súa baixa únese á do central Carlos Domínguez e o lateral esquerdo Mihailo Ristic
O defensa Javier Manquillo perderá o partido deste domingo contra o Real Valladolid despois de sufrir unha rotura fibrilar no adutor medio dereito, segundo revelou a ecografía que lle realizaron os servizos médicos do Celta.
O futbolista madrileño estará de baixa “entre dez e quince días”, polo que tampouco estará ao dispor de Claudio Giráldez para os partidos contra Athletic Club (domingo 22) e Atlético de Madrid (xoves 26).
🏥 Parte médico: Javier Manquillo
— RC Celta (@RCCelta) September 13, 2024
⋄ #ClínicaRCCelta ⋄
A súa baixa é un serio contratempo para o técnico celeste, xa que se une á do central Carlos Domínguez e o lateral esquerdo Mihailo Ristic. O primeiro sofre unha rotura fibrilar de grao I no adutor da coxa dereita, mentres que o internacional serbio arrastra unha lesión no xemelgo interno dereito desde a primeira xornada de Liga.
O equipo afinou esta mañá a puntería antes do partido ante o Valladolid