Manchester City-Real Madrid, comeza a gran batalla pola Champions
O martes, partidazo en Champions: o City de Guardiola contra o Real Madrid de Ancelotti. Os brancos adestráronse xa no escenario do partido, o Etihad Stadium. As dúbidas de Ancelloti para o partido serán Alaba e Casemiro, dous teóricos titulares con molestias físicas. No adestramento previo ao partido probáronse e veremos se serán da partida na aliñación do italiano.

E o Manchester City preferiu non se adestrar no Etihad. Parece ser que Guardiola vai perder a Walker e a Stones, lesionados, que nin se adestraron hoxe. E Cancelo está sancionado. Quedan sen lateral dereito os mancunianos, precisamente a banda pola que se vai desenvolver Vinicius. Por certo, que Guardiola falo, e ben, do equipo branco. Para o catalán, non existe iso da sorte do Madrid.