Cargando resultados...
Mañá comeza o mercado de inverno, con Fer López como obxecto de desexo do Celta
Hai tamén renovacións pendentes, como as de Aspas, Mingueza, Pablo Durán ou Starfelt
G24.gal
31/12/2025 13:40
Última actualización 31/12/2025 13:50
A casa por baixo, pola cementación. Garcés até 2030, renovado a mediados de mes e listo para poñerse detrás do mostrador na tenda dun mercado de inverno que abre mañá, día un.
Hai medo a un mercado no que a contabilidade celeste terá que seguir traballando coa premisa de deixar saír antes de entrar.
A conexión norteamericana dos Mouriño, e de Garcés, permite o Celta mirar ao outro lado do Atlántico como un mercado de referencia e confirmada a venda de Luca de la Torre, con Tadeo Allende toca paciencia.
Tras marcar 25 goles e gañar a MSL a carón Messi no Inter de Miami o Celta busca unha venda suculenta ou un experimento inédito até o de agora no fútbol español, e poderíamos ver a Tadeo como moeda de cambio no 'draft' da gorentosa liga profesional dos Estados Unidos.
De ultramar ao vello continente, e de alí as Illas Británicas onde andan co talonario de cheques máis repleto do fútbol mundial. Dende a Premier disparan con libras esterlinas e preocupa especialmente Williot Swedberg, con cotización a alza trala súa grande actuación no Bernabeu tres semanas atrás.
Na Premier non se esquecen tampouco de Ilaix Moriba. O medio centro baixou o soldo para quedar en Vigo pero a súa cláusula, de apenas 30 millóns, non semella obstáculo para o interese de equipos como o Brighton que lle ten botado o ollo. De alí do West Middlans, das terras medias occidentais de Inglaterra, podería volver si hai saídas Fer López fichado polo Wolverhapton hai cinco meses por 23 millóns e un perfil de xogador polo que devece Claudio Giráldez. O técnico Celta ao agardo da súa propia renovación.
O Celta comeza mañá un mercado de inverno intenso que vai alongarse á primavera e o verán dun 2026 no que deben resolverse renovacións pendentes como as de Aspas, Mingueza, Pablo Durán ou Starfelt.