Cargando resultados...
Mackay: "É estraño que pisemos tanto a área e non levemos ningún penalti a favor"
O porteiro do Deportivo cre que a afección é espectacular
G24.gal
07/12/2021 12:12
Ian Mackay falou do enfado que hai no vestiario branco e azul tras as últimas arbitraxes.
Mackay non cre que conspiracións, pero si está sorprendido polos datos: "Nin me daba conta de que o árbitro era de Santander, non creo que haxa esa maldade. Tamén é certo que é un pouco estraño, cos datos, que nós pisemos tanto a área e non teñamos ningún penalti a favor. Pero non creo que haxa ningunha man negra por parte dos árbitros nin a Federación".
Tamén falou do recibimento que tiveron na Malata: "A afección do Dépor é a hostia. O recibimento foi espectacular".