Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Suárez manda o Racing á Primeira Federación

Luis Suárez manda o Racing á Primeira Federación

Coa derrota no campo do Almería (2-1), con dous goles do máximo goleador da categoría, o cadro ferrolán confirma o seu descenso

G24.gal 29/04/2025 22:07

O Racing certificou o seu descenso á Primeira Federación logo de perder por 2-1 no campo do Almería. Un dobrete do dianteiro colombiano Luis Suárez, que xa leva 25 goles, resultou fatal para os intereses do cadro galego, que baixa á falta de cinco xornadas para o final da competición.

O Almería xogaba a posibilidade de entrar na promoción de ascenso, pero non foi mellor que o Racing. De feito, as mellores oportunidades do partido foron para o equipo de Ferrol. No primeiro tempo, Naldo tivo unha moi clara no 35 para adiantar o seu equipo. O central brasileiro perdoou en ataque e estivo moi desacertado en defensa ao cometer un penalti claro que aproveitou Luís Suárez no minuto 43. 

No segundo tempo puido marcar o empate Álvaro Giménez despois dun centro de Héber, o mellor do partido. Tamén fallou o dianteiro e na seguinte xogada (minuto 52) Luis Suárez volveu amosarse letal diante da portería. 

O Racing levou o peso do partido e seguiu xerando oportunidades, pero volveu demostrar a razón pola que é o equipo menos goleador do campionato e pola que asina o descenso cando aínda quedan quince puntos en xogo. Só conseguiu marcar na última xogada do partido, na que Álvaro Giménez remachou un lanzamento de Raúl Blanco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos