Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo reivindica mellores servizos ferroviarios

Lugo reivindica mellores servizos ferroviarios

A viaxe de Lugo a Madrid é de case 5 horas

Os veciños quéixanse de que Lugo é unha cidade esquecida

Problema de tempos, frecuencias e horarios

G24.gal 18/11/2021 14:41

Os escasos e deficientes servizos ferroviarios da cidade de Lugo sófrenos a diario os usuarios. Relatan que cando van mercar un billete apenas hai trens ou que as conexións se fan en autobús por obras na vía.

A de Lugo semella unha estación fantasma, apenas hai trens e os viaxeiros teñen que buscar alternativas para desprazarse como o coche ou o autobús.

Os veciños quéixanse de que Lugo é unha cidade illada do AVE e das altas prestacións. Din que a estación está igual ca hai 50 anos.

Aínda coa redución de tempos anunciada Lugo estará a case 5 horas de Madrid, algo que todos consideran insuficiente. Dende a plataforma Lugo non perdas o tren din que a viaxe ten que ser agora de 4 horas e enviaron xa ás diferentes administracións un novo escrito con todas as súas reclamacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade