Publicador de contidos

Publicador de contidos

O VAR eríxese en protagonista no empate entre o Lugo e o Mirandés (0-0)

O VAR eríxese en protagonista no empate entre o Lugo e o Mirandés (0-0)

O colexiado asubiou un penalti sobre El Hacen e despois rectificou

No 84 marcou Chris Ramos e volveu corrixir o árbitro por unha man anterior

G24.gal 30/10/2022 15:32 Última actualización 30/10/2022 15:57

O Lugo e o Mirandés asinaron un empate sen goles (0-0) nun partido en que primou o medo a perder de dous equipos metidos na zona vermella do descenso. O colexiado e o VAR tamén se erixiron como protagonistas do partido ao anular un penalti a El Hacen e un gol a Chris Ramos. 

O primeiro tempo resultou parco en fútbol, e iso que comezou cun bulideiro Jaume Cuéllar facendo a guerra pola súa conta. A peor nova para o Mirandés chegou en forma de lesión, cando o dianteiro Raúl García (seis goles esta temporada) tivo que marchar no minuto 20 do campo. No 24, a acción da polémica co penalti asubiado polo colexiado Guzmán Mansilla sobre El Hacen e anulado logo dunha eterna revisión. Pouco máis houbo nunha primeira metade chea de imprecisións. 

O perfil do partido mudou na segunda parte. Os dous equipos comezaron a arriscar e o volume de oportunidades foi en aumento. No 60 perdoou o lateral dereito do Mirandés Raúl Parra. Coa entrada de Ces Cotos o ataque do Lugo gañou en dinamismo, e nunha xogada del, Chris Ramos estivo moi preto de marcar no 66. 

Os dous conxuntos tomaron unha tregua no último cuarto de partido, ata que no 84 Chris Ramos realizou un sensacional remate de cabeza á rede. O VAR volveu avisar o árbitro, que anulou o gol por unha man anterior ao centro de Clavería. Aínda lle quedou unha máis a Ramos no 89, pero a cabezada marchou fóra por moi pouco, e outra ao visitante Nico Serrano que perdoou diante de Whalley. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar