Publicador de contidos

Publicador de contidos

Líderes europeos arroupan a Zelenski coincidindo co cuarto aniversario da invasión rusa

Líderes europeos arroupan a Zelenski coincidindo co cuarto aniversario da invasión rusa

Von der Leyen, Costa e xefes de Estado e de Goberno dos países nórdicos desprazáronse a Kíiv para participar nunha cerimonia relixiosa

Rusia afirma que continuará a guerra porque non logrou todos os seus obxectivos, e Zelenski insiste: "Non a empezamos nin a provocamos, e estamos a facer todo o posible para detela"

directo Handout via REUTERS
G24.gal 24/02/2026 10:34

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, conmemorou este martes coa presidenta da Comisión Europea (CE), Ursula von der Leyen, e outros dirixentes europeos os catro anos do comezo da invasión rusa a gran escala de Ucraína, cunha cerimonia oficiada por líderes relixiosos de distintas confesións na catedral de Santa Sofía de Kíiv.

Na misa participaron, ademais de Von der Leyen, o presidente do Consello Europeo, Antonio Costa, e o presidente de Finlandia, Alexander Stubb.

Handout vía REUTERS Handout vía REUTERS

Ademais ata Ucraína viaxaron os xefes de Estado e de Goberno dos países bálticos e nórdicos, e o primeiro ministro de Croacia, Andrej Plenkovic, que se reunirán con Zelenski durante a xornada. No nome do Goberno español acode á capital ucraína o titular da diplomacia española, José Manuel Albares.

"Nunca eliximos esta guerra, non a empezamos nin a provocamos", asegura Zelenski

O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, dixo este martes que Ucraína "nunca elixiu" a guerra que está a librar con Rusia, de cuxo inicio se cumpren hoxe catro anos, e advertiu de que esta invasión non é a primeira vez na historia que Moscova "vén a Europa cun proxecto antieuropeo".

"Nunca eliximos esta guerra, non a empezamos nin a provocamos, e estamos a facer todo o posible para detela", dixo Zelenski nun discurso por videoconferencia ante o Parlamento Europeo polo cuarto aniversario do inicio da invasión rusa de Ucraína.

O presidente de Ucraína recoñece que "non é tarefa fácil" manter a unidade entre Europa e os Estados Unidos "nas circunstancias actuais", pero advirte de que só con ambos os poderes "unidos" poderase seguir resistindo o avance ruso.

Rusia admite que continuará a guerra, xa que non logrou todos os seus obxectivos en Ucraína

O Kremlin admitiu hoxe que a campaña militar rusa en Ucraína continuará despois de cumprir este martes catro anos, porque Rusia aínda non logrou "todos os seus obxectivos" no país veciño.

"Na súa totalidade, é certo que os obxectivos non se lograron. Por iso, continúa a operación militar especial", dixo Dmitri Peskov, portavoz presidencial, na súa comparecencia de prensa telefónica diaria.

Iso si, considera que o Exército ruso alcanzou "o principal" obxectivo, que é "garantir a seguridade da xente que vive no Leste de Ucraína e que estaba en perigo mortal".

O negro balance logo de catro anos de guerra

Catro anos despois do inicio da guerra en Ucraína, nin Kíiv nin Moscova publicaron cifras precisas sobre a cifra de baixas civís e militares por mor do conflito. En febreiro, o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, indicou que uns 55.000 soldados ucraínos morreron desde que comezou a invasión o 24 de febreiro de 2022. Hai seis meses, o Ministerio do Interior ucraíno rexistrou máis de 70.000 persoas "oficialmente desaparecidas", entre soldados e civís.

Mentres, medios independentes sinalan que o Exército ruso perdeu máis de 200.000 homes nestes catro anos de conflito, que se está prolongando máis tempo que a participación soviética na Segunda Guerra Mundial (1941-1945).

Desde febreiro de 2022 o Kremlin conseguiu anexionar sobre o papel catro rexións ucraínas, pero non foi quen de conquistalas, xa que Kiev aínda controla a quinta parte de Donetsk e un terzo de Khersón e Zaporiyia.

Precisamente nesta última rexión, este martes fíxose co control doutra aldea.  Ucraína sinala que conseguiu recuperar xa 400 quilómetros cuadrados situados nas zonas ocupadas por Rusia desde finais de xaneiro.​​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade