Larsen retruca e asegura que as súas respostas "non foron ben entendidas"
O dianteiro do Celta sacou un comunicado en Instagram no que fala de "malentendido"
Asegura que nunca faltará "ao respecto ao Celta e aos seus afeccionados"

A entrevista de Strand Larsen mentres se atopaba coa selección deu tanto que falar que o propio xogador decidiu sacar un comunicado na rede social Instagram. Larsen aseguraba que tentaría seguir facendo goles para o Celta e así ter unha mellor saída nun verán que "podía ser divertido".
As súas verbas non sentaron ben nun sector da afección celeste e o xogador quixo deixar clara a súa postura ao respecto.
✍️ Comunicado de Strand Larsen, dianteiro do @RCCelta, logo da entrevista publicada en Noruega 🇳🇴
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 26, 2024
“As preguntas e respostas sobre o meu futuro non foron ben entendidas” pic.twitter.com/vsnCFi9DMU
"Nunca lle faltarei ao respecto ao Celta e aos seus seareiros, que sempre me trataron con moito agarimo".
"As preguntas e respostas sobre o meu futuro non foron ben entendidas".
"Esta semana teredes máis información sobre este malentendido que me doeu moito".