Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Nobel de Física Kip Thorne, invitado de honra no programa Conciencia da USC

O Nobel de Física Kip Thorne, invitado de honra no programa Conciencia da USC

É un dos físicos teóricos máis importantes da historia

Viviu en primeira persoa a carreira nuclear durante a guerra fría, e fixo unha das principais contribucións á teoría da relatividade xeral cando conseguiu detectar as ondas gravitacionais

O premio Nobel de Física 2017 Kip Thorne posa xunto a súa esposa Carolee Weinstein, en Santiago de Compostela. (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 08/05/2025 15:09

Un dos científicos vivos que máis sabe sobre os buratos negros, os buratos de verme e as viaxes no tempo falará mañá ás sete e media na tarde, na facultade de Medicina, con entrada libre ata completar ocupación. Adiantanos que non se pode viaxar cara o pasado, "porque estouparía a máquina do tempo".

Premio Nobel e especialista en física gravitacional e astrofísica, é ademais un militante da divulgación, e por iso lembra o que se divertiu como asesor en filmes como Interstellar ou Oppenheimer. 

Hoxe, como invitado de honra do programa Conciencia, deixou en Santiago novas mostras de compromiso co coñecemento: cualificou como "unha estupidez", a guerra declarada de Trump á universidade e ao coñecemento.

A colaboración é indispensable. Porque é na universidade, dixo, onde, por exemplo, crearon hai trinta anos as tecnoloxías de intelixencia artificial que a industria non asumiu ata que foron rendibles. Dixo que agora Europa debe aproveitar a oportunidade e loitar contra as perigosas consecuencias da propaganda. 

"Preocúpame moito que a xente nova parece non ser consciente dos perigos que levan aparellados os avances tecnolóxicos", polo menos, afirmou Kip Thorne, non tan conscientes como os da súa xeración. 


Cunha gravata cósmica, defendeu a filosofía como complemento indispensable do coñecemento da física. 

E deixou no aire unha pregunta sobre o universo que, dixo, deberán resolver os científicos dos próximos anos grazas á información que achegan as ondas gravitacionais que é detectou co programa LIGO, e que nos poden dar información sobre como empezou todo isto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos