Cargando resultados...
Xoán Carlos I regresará este mércores a Sanxenxo para participar na regata da fin de semana
Será a terceira visita do rei emérito a Galicia no que vai de ano. Está inscrito como patrón do Bribón na competición de vela
José Ramón Hernando - Europa Press - Arquivo
G24.gal
16/06/2026 17:18
Última actualización 16/06/2026 17:33
Juan Carlos I ten previsto regresar este mércores a Sanxenxo con motivo da regata que se disputará esta fin de semana no municipio pontevedrés.
Como é habitual, o pai de Filipe VI chegará ao aeroporto de Vigo.
Ademais, Xoán Carlos I figura inscrito na competición como patrón do Bribón, segundo a información recollida na páxina web da Federación Galega de Vela.
Esta será a terceira visita que o exxefe do Estado fai a Galicia no que vai de ano.
Na súa anterior estancia en Sanxenxo recibiu a visita da súa filla, a infanta Helena, e da súa neta, Vitoria Federica.