Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bribón, co rei Xoán Carlos, finaliza segundo a primeira xornada do Trofeo Xacobeo

O Bribón, co rei Xoán Carlos, finaliza segundo a primeira xornada do Trofeo Xacobeo

Foi durante a primeira xornada do Trofeo Xacobeo, último ensaio antes do Campionato de Europa da clase 6 Metros

O pai de Felipe VI non competía oficialmente desde finais de setembro

Xoán Carlos I sae navegar a bordo do Bribón. EFE/Elena Fernández. Xoán Carlos I sae navegar a bordo do Bribón. EFE/Elena Fernández.
G24.gal 20/06/2026 15:28

O Bribón, co rei Xoán Carlos á cana, finalizou en segunda posición a primeira xornada do Trofeo Xacobeo, que levou o Titia, de Mauricio Sánchez-Bella.

O vixente subcampión do mundo impúxose nun percorrido costeiro de aproximadamente nove millas pola ría de Pontevedra, por diante do Bribón e o Alibaba II, patroneado nesta ocasión polo vigués Miguel Riveiro.

Pola súa banda, a frota de J/80 completou tres probas de percorrido barlovento-sotavento.Tras esta primeira xornada, o liderado está en mans do Cacto Dixital-Petrilla, do Club Náutico de Portonovo.

A segunda posición provisional é para o Moura, de Rosa María Gundín, mentres que o One, patroneado por Adrián Domínguez, completou o podio.

Este domingo celebrarase a segunda e última xornada desta cuarta serie do Trofeo Xacobeo, última proba de preparación para os dous representantes españois –Bribón e Titia- no Europeo da clase 6 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar